Zen e excitación

“O Zen non é ningún tipo de excitación, senón concentración na nosa rutina diaria normal.”

O meu mestre morreu cando eu tiña trinta e un anos. Aínda que eu quería dedicarme soamente á práctica do Zen no mosteiro de Eiheiji, tiven que suceder ao meu mestre no seu templo. Cheguei a estar bastante ocupado, e sendo tan novo tiven moitas dificultades. Estas dificultades deronme algunha experiencia, pero esta non significaba nada comparada co modo de vida verdadeiro, calmo, sereno.

É necesario para nosotros non sairnos do camiño constante. O Zen non é ningún tipo de excitación, senón concentración na nosa rutina diaria normal. Se chegades a estar demasiado ocupados e demasiado excitados, a vosa mente vólvese tosca e desordenada. Isto non é bo. A ser posible, tentade estar sempre calmos e felices e guardaos da excitación. Normalmente volvémosnos cada vez máis ocupados día a día, ano a ano, especialmente no noso mundo moderno. Se volvemos a visitar sitios vellos, familiares, despois dun longo tempo, abraiannos os cambios. Non pode evitarse. Pero se chegamos a estar interesados en algunha excitación, ou no noso propio cambio, chegaremos a estar completamente involucrados na nosa propia vida ocupada, e perderemosnos. Pero se a vosa vida é calma e constante, podedes manteros aparte do mundo ruidoso, ainda que estedes no medio del. No medio do ruído e do cambio, a vosa mente estará tranquila e estable.

O Zen non é algo acerca do que excitarse. Algunhas persoas empezan a practicar Zen simplemente por curiosidade, e soamente volvense eles mesmos máis ocupados. Se a túa práctica faite peor, é ridicula. Penso que se intentades facer zazen unha vez á semana, iso os volverá suficientemente ocupados. Non esteades demasiado interesados no Zen. Cando a xente nova se excita acerca do Zen, a miudo deixan a escola e van a algunha montaña ou bosque para sentarse. Ese tipo de interese non é verdadeiro interese.

Simplemente continuade na vosa práctica calma, ordinaria, e o voso carácter será desenvolvido. Se a vosa mente está sempre ocupada, non haberá tempo para densenvolver, e non teredes éxito. Desenvolver o carácter é como facer pan – tedes que face-la mezcla pouco a pouco, paso a paso e necesítase temperatura moderada. Coñecedesvos a vos mesmos perfectamente ben e sabedes cuánta temperatura necesitades. Sabedes exactamente o que necesitades. Pero se os excitades demasiado, esqueceredes cuanta temperatura é boa para vos, e perderedes o voso propio estilo. Isto é moi perigoso.

Buddha dixo o mesmo acerca do bo conductor de bois. O conductor sabe cuánta carga o boi pode levar, e guarda ao boi de estar sobrecargado. Coñecedes o voso camiño e o voso estado de mente. Non levedes demasiado. Buddhah tamén dixo que desenvolver o carácter é como construir unha presa. Deberíades ser moi cuidadosos ao facer o terraplén. Se intentades facelo todo dunha vez, filtraráse a auga del. Facede o terraplen cuidadosamente e terminaredes cunha estupenda presa para o encoro.

A nosa pouco excitante forma de practicar pode parecer que é moi negativa. Isto non é así. E un xeito sabio e efectivo de trabalhar sobre nosoutros mesmos. É simplemente moi sinxela. Acho este punto moi dificil para que a xente, especialmente a xente nova, o comprenda. Por outra parte pode parecer como se estivese falando dun progreso gradual. Isto non é asi tampouco. De feito, este é o camiño repentino, porque cando a vosa práctica é calma e ordinaria, a mesma vida diaria é iluminación.