Repetición

“Se perdedes o espíritu de repetición, a vosa práctica volveráse bastante difícil.”

O pensamento e a práctica indios que Buddha atopou estaban baseados nunha idea dos seres humanos como unha combinación de elementos espirituais e físicos. Eles pensaban que o lado físico do home ataba o seu lado espiritual, e, en consecuencia, a súa practica relixiosa estaba dirixida a facer o elemento físico máis débil coa finalidade de liberar e fortalecer o espíritu. Así, a práctica que Buddha atopou en India salientaba o ascetismo. Pero Buddha achou cando practicaba o ascetismo que non había límite para o intento de purgarnos a nosoutros mesmos fisicamente, e que iso facía a práctica relixiosa moi idealista. Este tipo de guerra co noso corpo soamente pode terminar cando morremos. Pero segundo este pensamento indio, regresaremos noutra vida, e noutra máis, para repetir a loita unha e outra vez sen acadar xamais a iluminación perfecta. E incluso se pensades que podedes volver a vosa forza física o suficientemente débil para liberar o voso poder espiritual, iso soamente funcionará mentres continuades a vosa práctica ascética. Se reasumides a vosa vida diaria, teredes que fortalecer o voso corpo, pero entón teredes que debilita-lo de novo para recuperar o voso poder espiritual. E despois teredes que repetir este proceso unha e outra vez. Isto pode ser unha simplificación excesiva da práctica india achada por Buddha, e podemos rirnos disto, pero en realidade algunhas persoas continúan esta práctica ainda hoxe. Algunhas veces sen darse conta disto, esta idea de ascetismo está no fondo das súas mentes. Pero practicar deste xeito non resultará en ningún progreso.

O método de Buddha era bastante diferente. Ao principio estudiou a práctica hindú do seu tempo e área, e practicou o ascetismo. Pero Buddha non estaba interesado nos elementos nos que consistían os seres humanos, nin en teorías metafísicas da existencia. Estaba máis preocupado por cómo existía él mesmo neste momento. Iso era o que lle importaba. O pan faise de fariña. Cómo a fariña vólvese pan cando se pon no forno era para Buddha a cousa máis importante. Cómo chegamos a estar iluminados era o seu principal interés. A persoa iluminada ten un carácter perfecto, desexable para sí mesmo e para os outros. Buddha quería descubrir cómo desenvolven os seres humanos este carácter ideal – cómo diversos sabios no pasado chegaron a ser sabios. Para descubrir cómo a masa chegaba a ser un pan perfecto, fixóo unha e outra vez, ata que chegou a ter bastante éxito. Esta foi a súa práctica.

Pero nos podemos achar non tan interesante cociñar a mesma cousa unha e outra vez todolos días.É máis ben tedioso, podedes dicir. Se perdedes o espíritu de repetición será bastante difícil, pero non será difícil se estades cheos de forza e vitalidade. En calquera caso, non podemos quedarnos quietos; temos que facer algo. Así que, se facedes algo, deberíades ser moi observadores e cuidadosos e alertas. O noso método é poñer a masa no forno e observala cuidadosamente. Unha vez que saibades cómo a masa chega a convertirse en pan, entenderedes a iluminación. Así, cómo este corpo físico chega a convertirse en sabio e o noso principal interés. Non nos preocupa tanto qué é a fariña, ou qué é a masa, ou qué é un sabio. Un sabio é un sabio. As explicacións metafísicas da natureza humana non veñen ao caso.

Deste xeito, o tipo de práctica no que insistimos non pode chegar a ser demasiado idealista. Se un artista se vólve demasiado idealista, cometerá suicidio porque entre o seu ideal e a súa habilidade real hai unha gran brecha. Porque non hai ponte o suficientemente longo para cruzar a brecha, comenzará a desesperarse. Este é o camiño espiritual normal. Pero o noso camiño espiritual non é tan idealista. En algún sentido deberíamos ser idealistas; ao menos deberíamos estar interesados en facer un pan que saiba ben e teña bo aspecto! A práctica propiamente dita é repetir unha e outra vez ata que descubrides como chegar a ser pan. Non hai segredo no noso camiño. Simplemente practicar zazen e pornos a nosoutros mesmos no forno é o noso método.