Ondas mentais

“Porque gozamos de todos os aspectos da vida como un despregarse da gran mente, non nos preocupamos por ningún goce excesivo. Así temos unha compostura imperturbable.”

Cando estedes practicando zazen, non intentedes deter o voso pensamento. Se algo entra na vosa mente, deixadeo entrar e deixadeo sair. Non permanecerá moito tempo.Cando intentades deter o voso pensamento, iso significa que sodes molestados por iso. Non sexades molestados por nada. Parece como se algo ven do exterior da mente, pero en realidade son soamente as ondas da vosa mente, e se non sodes molestados polas ondas, gradualmente volveránse cada vez máis calmas. En cinco o como moito dez minutos, a vosa mente estará completamente serena e calma. Nese momento a vosa respiración volveráse completamente lenta, mentres o voso pulso volveráse un pouco máis rápido.

Pasará moito tempo antes de que encontredes a vosa mente calma, serena, na vosa práctica. Veñen moitas sensacións, xurden moitos pensamentos ou imaxes, pero son soamente ondas da vosa propia mente. Nada ven do exterior da vosa mente. Normalmente pensamos na nosa mente como se recibise impresións y experiencias do exterior, pero iso non é unha verdadeira comprensión da nosa mente. A verdadeira comprensión é que a mente inclúe todo; cando pensades que algo ven do exterior iso soamente significa que algo aparece na vosa mente. Nada exterior a vos mesmos pode causar ningun problema. Vos mesmos facedes as ondas na vosa mente. Se deixades a vosa mente como é, volveráse calma. Esta mente é chamada gran mente.

Se a vosa mente está relacionada con algo exterior a sí mesma, esa mente é unha mente pequena, unha mente limitada. Se a vosa mente non está relacionada con ningunha outra cousa, entón non hai comprensión dualística na actividade da vosa mente. Entendedes a actividade como simplemente ondas da vosa mente. A gran mente o experimenta todo dentro dela mesma.Entendedes a diferencia entre as dúas mentes: a mente que o inclúe todo, e a mente que está relacionada con algo? En realidade son a mesma cousa, mais a comprensión é diferente, e a vosa actitude cara a vosa vida será diferente segundo qué comprensión teñades.

Que todo está incluído no interior da vosa mente é a esencia da mente. Experimentar isto é ter un sentimento relixioso. Ainda que xurdan ondas, a esencia da vosa mente é pura; é exactamente como auga clara con unhas poucas ondas. En realidade a auga sempre ten ondas. As ondas son a práctica da auga. Falar de ondas separadas da auga ou de agua separada das ondas e unha ilusión. A auga e as ondas son un. A gran mente e a pequena mente son un. Cando entendedes a vosa mente deste xeito tedes algunha seguridade no voso sentimento. Como a vosa mente non espera nada do exterior, está sempre chea. Unha mente con ondas nela non é unha mente trastornada, sinón, en realidade unha mente amplificada. Calquera cousa que experimentedes é unha expresión da gran mente.

A actividade da gran mente é amplificarse a sí mesma a través de varias experiencias. Nun sentido as nosas experiencias vindo unha a unha son sempre frescas e novas, mais en outro sentido non son nada máis que un continuo ou repetido despregarse da gran mente única. Por exemplo, se tedes algo bo para o almorzo, diredes, “Isto é bo”. “Bo” é aportado como algo experimentado algunha vez fai moito tempo, ainda que podedes non lembrar cándo. Coa gran mente aceptamos cada unha das nosas experiencias como si recoñoceramos a cara que vemos nun espello como nosa. Para nos non hai medo de perder esta mente. Non hai ningunha parte onde ir ou vir; non hai medo á morte, nin sufrimento pola vellez ou a enfermidade. Porque gozamos de todos os aspectos da vida como un despregarse da gran mente, non nos preocupamos por ningún goce excesivo. Así temos unha compostura imperturbable, e é con esta compostura imperturbable da gran mente coa que practicamos zazen.