Malas herbas mentais

“Máis ben deberíades estar agradecidos polas malas herbas que tedes na vosa mente, porque co tempo elas enriquecerán a vosa práctica”

Cando a alarma soa na mañá, e os levantades, penso que non os sentides tan ben. Non é fácil ir e sentarse e ainda despois de que chegades ao zendo e empezades zazen tedes que animarvos a sentarvos ben. Estas son simplemente ondas da vosa mente. No zazen puro non debería haber ningunha onda na vosa mente. Mentres estades sentados estas ondas volveranse cada vez mais pequenas, e o voso esforzo transformaráse nun sentimento sútil.

Dicimos:”Extraendo as malas herbas damos alimento á planta.” Extraemos as malas herbas e as enterramos preto da planta para darlle alimento. Así que, ainda que teñades algunha dificultade na vosa práctica, ainda que teñades algunhas ondas mentres estades sentados, estas mesmas ondas os axudarán. Así que non deberíades estar preocupados pola vosa mente. Máis ben deberíades estar agradecidos polas malas herbas, porque co tempo elas enriquecerán a vosa práctica. Se tedes algunha experiencia de cómo as malas herbas na mente transformanse en nutrición mental, a vosa práctica fará notable progreso. Sentiredes o progreso. Sentiredes cómo se transforman en autonutrición. Por suposto non é tan difícil dar algunha explicación filosófica ou psicolóxica da nosa práctica, pero iso non basta. Debemos ter a experiencia real de cómo as nosas malas herbas transformanse en alimento.

Estrictamente falando, calquera esforzo que fagamos non é bo para a nosa práctica porque crea ondas na nosa mente. É imposible, sen embargo, acadar calma absoluta da nosa mente sen ningun esforzo. Temos que facer algún esforzo, pero temos que olvidarnos a nosoutros mesmos no esforzo que fagamos. Neste ámbito non hai subxectividade nin objectividade. A nosa mente está simplemente calma, sen nin sequera ningunha conciencia. Nesta inconsciencia todo esforzo e toda idea e todo pensamento esvaeceranse. Así que é necesario para nos animarnos a nosoutros mesmos e facer un esforzo ata o último momento, cando todo esforzo desaparece. Deberíades manter a vosa mente na vosa respiración ata que non sexades conscientes da vosa respiración.

Deberíamos intentar continuar o noso esforzo para sempre, pero non deberíamos esperar chegar a algún estadio cando esqueceremos todo acerca del. Deberíamos simplemente manter a nosa mente na nosa respiración. Esa é a nosa práctica real. Ese esforzo refinaráse cada vez máis mentres estades sentados. Ao principio o esforzo que facedes é completamente basto e impuro, pero polo poder da práctica o esforzo volveráse cada vez mais puro. Cando o voso esforzo vólvese puro, o voso corpo e a vosa mente volvense puros. Esta é a forma na que practicamos Zen. Unha vez que comprendedes o noso poder innato para purificarnos a nosoutros mesmos e os nosos entornos, podedes actuar apropiadamente, e aprenderedes daqueles que os rodean, e os volveredes amigables cos outros. Este é o mérito da práctica Zen. Pero o camiño da práctica é simplemente estar concentrado na vosa respiración coa postura correcta e con un esforzo grande, puro. Isto é como practicamos Zen.